Lectores electrónicos

O Ceip de Figueiroa foi seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como un dos 25 centros piloto en Galicia para pór en marcha o Proxecto “E-LBE” que ten como obxectivo a incorporación de lectores electrónicos ou e-lectores ás Bibliotecas Escolares.

Esta iniciativa está incluída do Plan LIA de bibliotecas escolares e dirixida a centros que están integrados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).

O centro será convocado en datas breves a unha reunión informativa onde se fará entrega dos 3 dispositivos de lectura asignados.

Este novo logro supón un recoñecemento ao esforzo que nos últimos anos se ven facendo dende o centro (claustro e Anpa) para estar na vangarda das novas tecnoloxías aplicadas ao ensino.