Animación á lectura

Axudas Plambe

O DOG do 14 de setembro publica a Orde de resolución do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2010/2011. Ao noso centro foille concedida unha axuda de 1.600 € para continuar desenvolvendo o Plan de Mellora da Biblioteca Escolar “Carola” co que se pretende modernizar e dinamizar este ámbito escolar dotándoa de novos medios audivisuais, mobiliario e fondo bibliográficos.

Por terceiro ano consecutivo recibimos este tipo de axudas grazas o proxecto redactado polas responsables da Biblioteca do Ceip. de Figueiroa.