Entroido 2016

   Onte, 5 de febreiro, tivo  lugar no pavillón do centro o tradicional festival de entroido no que participou a totalidade dos alumnos e alumnas matriculados neste curso escolar 2015/16. 

   A temática do mesmo xirou ao redor do Proxecto Integral de Centro que este ano leva por título "ESTRADA DE ESTRADAS"  e que como todos os anos parte da Biblioteca "Carola".  Con este proxecto o centro pretende achegar aos seus alumnos e alumnas o coñecemento da contorna e o por que somos o que somos e como chegamos ata aquí. Cada curso de nivel elixiu unha època da historia da Estrada e ao longo do curso traballará sobre a mesma (Druídas, Celtas, Romanos, Idade Media, Rapa das Bestas...).

   Desde o Claustro de profesores queremos manifestar o noso agaradecemento aos pais/nais pola súa colaboración para que un ano máis o noso entroido sexa unha referencia, desde  o punto de vista educativo, unha referencia noso concello. GRAZAS!!!!!

   Parabéns, tamén, para os/as "profes" polo seu compromiso e como non, aos NENOS E NENAS que con tanta ilusión prepararon os seus disfraces e coreografías.

   Deixámosvos AQUÍ unha pequena mostra fotográfica

                                                     P2400170                                        P2400165                                 
 IMG 2981 IMG 2922 
 IMG 2949 IMG 2911