Plan de Adaptación E. Infantil (3 anos)

O vindeiro luns día 7 de setembro terá lugar, ás 19:00 h, a reunión do equipo directivo e as titoras de 4ª de Educación Infantil cos pais/nais/titores/as legais dos alumnos/as que inician o seu proceso educativo no Ceip de Figueiroa durante este curso escolar 2015/16.

No sorteo feito no día de onte no Claustro de Profesores, sairon as seguintes letras :

Grupo A: EF

Grupo B: SM

Animación á lectura

Axudas Plambe

O DOG do 14 de setembro publica a Orde de resolución do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2010/2011. Ao noso centro foille concedida unha axuda de 1.600 € para continuar desenvolvendo o Plan de Mellora da Biblioteca Escolar “Carola” co que se pretende modernizar e dinamizar este ámbito escolar dotándoa de novos medios audivisuais, mobiliario e fondo bibliográficos.

Por terceiro ano consecutivo recibimos este tipo de axudas grazas o proxecto redactado polas responsables da Biblioteca do Ceip. de Figueiroa.

Calendario escolar 2015-16

ORDE do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.
Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.
Nas ensinanzas de réxime especial as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2015 e 30 de xuño de 2016, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.
Períodos de vacacións:
Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive.
Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016.
Semana Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive.
Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2015/16 se celebrará o 30 de outubro de 2015.

pdf

 

 

 

Libros de texto 2015/16

AXUDAS DE LIBROS CURSO ESCOLAR 2015/16

  • Ensinanzas e cursos aos que afecta: 1º, 2º e 4º de E. Primaria ou E. Especial.
  • Normativa: Orde do 22 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño).
  • Prazo solicitude: ata o 30 de xuño de 2015.
  • Solicitudes: recoller na secretaría do centro ou na páxina web.
  • Requisitos:
    • Estar matriculado en 1º, 2º e 4º de educación primaria.
    • Ter devoltos os libros de texto adquirido coas axudas do curso 2014/15 (antes do 19 de xuño).


FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/16

  • Ensinanzas e cursos aos que afecta: 3º E. Primaria.
  • Normativa: Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño).
  • Requisitos:
    • Estar matriculado en 3º de E. Primaria.
    • Ter devoltos os libros de texto adquirido coas axudas do curso 2014/15 (antes do 19 de xuño.)


DEVOLUCIÓN DOS LIBROS ADQUIRIDOS CON CARGO ÁS AXUDAS DO CURSO 2014/15

A) Obriga de devolver: Todo o alumnado beneficiario das axudas no curso 2014/15 (antes do 19 de xuño). Agás:

  • Alumnado de 1º e 2º de E. Primaria.
  • Alumnado de educación especial cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

B) Libros a devolver: Os libros que se deberán devolver son todos os adquiridos con cargo ao vale do curso 2014/15 e deben estar en bo estado de conservación.

C) Consecuencias da falta de devolución: A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Ademais, revisada a información das devolucións na aplicación axudaslibros, a Consellería iniciará un expediente de reintegro da axuda concedida para todos aqueles casos nos que non constedevolución dos libros adquiridos con cargo ao vale.