Días non lectivos 2014/15

DÍAS  FESTIVOS  NON  LECTIVOS
DATA FESTIVIDADE
31 de outubro de 2014 DÍA DO ENSINO
9 de decembro de 2014 LIBRE ELECCIÓN
Do 22 decembro 2014 ao 7 xaneiro 2015 (inclusive) NADAL
16, 17 e 18 de febreiro de 2015 ENTROIDO
Do 30 de marzo ao 6 de abril de 2015 (inclusive) SEMANA SANTA
30 de abri de 2015 LIBRE ELECCIÓN
19 de xuño de 2015 REMATE DO CURSO

http://www.edu.xunta.es/web/calendarioescolar

Libros de texto e material escolar 14/15

libro libro libro libro libro
4º Infantil 5º Infantil 6º Infantil 1º Primaria 2º Primaria
libro libro libro libro libro
3º A Primaria 3º B Primaria 4º Primaria 5º Primaria 6º Primaria

       
                   

Proxecto Experimental de Educación Dixital (E-DIXGAL)

O Ceip de Figueiroa ben de ser seleccionado como un dos centros de E. Primaria de Galicia para pór en marcha non vindeiro curso escolar 2014/15 un proxecto experimental de educación dixital.

O procemento de selección foi convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da RESOLUCIÓN de 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.

O proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL) ten como obxectivo favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á Rede Abalar a disponibilidad de libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto na totalidade do currículo de 5º de educación primaria no curso 2014/15, ampliándose a outros cursos e etapas nos anos seguintes.

Os centros adscritos a este proxecto terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuitos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os centros deberán utilizar, no seu caso, exclusivamente materiais dixitais na totalidade das materias, que poden proceder desta contorna e/ou ser proporcionados polo centro.

O proxecto diríxese aos centros que están na Rede Abalar, centros cunha cultura dixital afianzada como parte do seu proxecto de centro, apoiado e coñecido pola comunidade educativa, e en especial polas familias, que se verán beneficiadas ademais con aforros en costos derivados dos materiais educativos. Por outra banda, posibilitarase o maior aprovechamiento do equipamiento das aulas dixitais do proxecto.

En resume, o proxecto consiste en utilizar materiais dixitais en todas as materias, renunciando as familias ás axudas para a adquisición de libros de textos. Polo tanto, supón un cambio importante no método de traballo a desenvolver polos profesores  do centro.

Ser centro E-DIXGAL representa un premio para o claustro de profesores e Consello Escolar na aposta que vén facendo pola innovación en materia educativa iniciada hai uns anos. Cabe recordar que o Ceip de Figueiroa xa foi centro piloto do Programa Abalar, do Plan E-LBE (lectores electrónicos) e agora E-DIXGAL (libros dixitais).