Libro Dixital

O Claustro de Profesores e o Consello Escolar do CEIP de  Figueiroa, reunidos o día 13 de maio acordaron, por unanimidade dos asistentes, solicitar a participación como centro piloto no Proxecto E-DIXGAL ao abeiro da Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.

O proxecto Educación Dixital E-DIXGAL ten o obxectivo de fomentar a utilización do equipamento das aulas Abalar poñendo á disposición dos centros unha contorna virtual de aprendizaxe con libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolver a totalidade do currículo.

O prazo de presentación de solicitudes é de un mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Poden participar nesta convocatoria os centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria durante o curso 2014-2015. En anos sucesivos ampliarase os cursos e etapas de implantación deste proxecto.

Características:

    * Deberán empregarse materiais dixitais en todas as áreas.
    * Os centros manterán o programa un mínimo de 3 anos (dúas promocións).
    * Os materiais poderán utilizarse online e offline.
    * Debido á gratuidade do proxecto, o alumnado participante quedará excluído como beneficiario das axudas ou subvencións para adquisición de libros de texto convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
    * Os centros participantes contarán co asesoramento, asistencia técnica e seguimento da rede de formación Permanente do profesorado, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os servizos de inspección educativa.

Documentación necesaria:

    * Solicitude segundo o anexo da convocatoria.
    * Proxecto concretando a implantación no centro segundo o guión do punto cuarto da convocatoria.
    * Proposta dunha persoa responsable da coordinación do proxecto.

Relación definitiva de admitidos 2014/15

O Consello Escolar do Ceip de Figueiroa en sesión extraordinaria celebrada o día 13 de abril, procedeu á adxudicación definitiva das vacantes ofertadas para o curso escolar 2014/15, tal como se indica a continuación:

Read more

Admisión / Matrícula

BAREMO: DOCUMENTACIÓN REQUERIDA

a) Por irmáns no centro: Libro de familia completo.

b) Por ser traballor do centro: relación funcionarial ou contrato.

c) Por proximidade

   1.do domicilio ao centro: certificado do padrón (mínimo un ano de antigüedade).

   2.do lugar de traballo ao centro: documento do empregador xunto con copia de contrato.

d) Por renda per cápita da unidade familiar: para o seu cálculo sumar as casillas 455+465

e dividir polo número de membros da unidade familiar.

e) Por condición de familia numerosa: certificado ou documento vixente.

f)  Por condición de familia monoparental: libro de familia, certificado ou resolución xudicial.

g) Por discapacidade do alumno, proxenitores, titores, ou irmáns: certificación de minusvalía.


Para comprobar que documentación ten vostede que achegar para completar o expediente pinche no icono (urxente)

icono.inform

Avaliación de Diagnóstico 2012/13

   Realizada a proba de avaliación de diagnóstico en cumprimento do establecido na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación, expóñense os resultados do centro en relación ás competencias avaliadas:

  • Competencia en comunicación lingüística.
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
  • Competencia matemática.

Arquivo